lunes, 30 de abril de 2012

Gravación de son

  • Dixitalización do son

Posto que o son se transmite por ondas analóxicas, o ordenador non é capaz de traballar con el. Ese é o motivo polo que un ordenador ha de converter o sinal analóxico dos sons en sinal dixital, proceso que se denomina dixitalización do son. E este proceso repítese en sentido contrario cando é o ordenador o que ha de xerar sons para que se oian mediante uns altofalantes, cascos musicais...
A dixitalización dun son supón tomar mostras dun sinal sonoro (mostraxe) cada certo tempo (frecuencia de mostraxe) e medir a intensidade do sinal analóxico. Cantas máis veces se mida o sinal sonoro por segundo (frecuencia de mostraxe alta), e canto maior sexa o rango para medir a intensidade (maior número de bits para ter máis valores), mellor calidade terá o son dixitalizado e máis parecerase ao son real.

  • Formatos de son

Cando se dixitaliza son, a información ha de ser gardada en arquivos nalgún dos formatos de audio existentes. Algúns dos formatos de audio máis utilizados son:

  • WAV: é o formato estándar; nestes arquivos almacénanse sons reais de forma dixital.
  • MIDI: nestes arquivos non se gardan sons reais, senón ordes para que un sintetizador musical xere a música. Ocupan bastante menos espazo que os arquivos de son real, aínda que teñen peor calidade.
  • MPS: son análogos aos WAV, aínda que almacenan o son real comprimido, polo que ocupan bastante menos espazo, con pouca perda de calidade.
  •  OGG: formato de audio comprimido de gran calidade e sen limitacións de distribución, posto que está baseado na licenza pública xeral de GNU.
  • WMA: estes son os arquivos de audio do reprodutor de Windows Media que ven incorporado en Windows; son arquivos comprimidos con boa calidade de son. Teñen a particularidade de escoitarse a medida que se van recibindo os ficheiros, algo fundamental para internet.
  • Real Audio: é un formato moi utilizado en internet, xa que a súa principal característica é que se vai reproducindo a medida que se le, en tempo real.

  • Gravacións
  
  • Música: Audacity é unha aplicación que permite gravar, editar e gardar os arquivos de audio desde varias fontes diferentes e en distintos formatos. Está dispoñible para Windows e para Linux.

  • Voz: pódese utilizar o Gravador de son que inclúe o sistema operativo. Esta utilidade está incluída en todos os programas de edición de son e vídeo. Hai que enchufar o micrófono na entrada correspondente da tarxeta de son e pulsar sobre o botón Gravar para realizar a gravación.


  • CD de audio: para extraer a música dun CD haberá que recurrir a programas específicos de extracción de audio dixital, coñecidos como ripeadores. En Windows, o Reprodutor de Windows Media ofrece a posibilidade de copiar cancións no disco duro con formato wma ou mp3. En Linux un exemplo é Sound Joicer.

  • Tarxeta de son: