O meu estilo de música favorito é o metal, en todas as súas variantes. O meu grupo favorito é Slipknot, banda de metal alternativo formada en Des Moines, Iowa, EE.UU. Esta banda caracterízase polo uso de máscaras propias de cada membro que cambian segundo as súas discografias.
Outro grupo que tamén me gusta é Bullet For My Valentine, banda de heavy metal formada en Bridgend, Gales. A banda formouse co nome de "Jeff Killed John", versionando cancións de Metallica e Nirvana. Pero as dificultades económicas marcaron a súa traxectoria, ata que firmaron un contrato de grabación con Sony BMG, momento no que adoptou o nome actual.
Tamén escoito grupos como System Of A Down, de hard rock-metal, Foo fighters, Nirvana, Avenged Sevenfold, 30 Seconds To Mars, etc., todos en relación co metal.

No hay comentarios:
Publicar un comentario