A velocidade de impresión pode ser medida en cps (caracteres por segundo) ou en ppm (páxinas por minuto).
- Impresoras láser: utilizan unha tecnoloxía similar á das fotocopiadoras. Son bastante rápidas e permiten obter resultados de alta calidade; cada vez son máis frecuentes as impresoras láser de cor. O seu funcionamento resúmese nos seguintes pasos:
- O procesador da impresora descodifica os datos que veñen do ordenador e controla o raio láser.
- O papel cúbrese de cargas eléctricas.
- As partículas de papel que son alcanzadas polo láser perden a súa carga eléctrica.
- Espállase sobre o papel un pó negro chamado tóner, que só se pega nas zonas do papel que non teñen carga eléctrica.
- O papel pasa por uns rodillos que fixan o tónerpor medio de calor e presión.
- Escáner: o proceso de dixitalización dunha imaxe consta de dúas partes diferentes:
- Transformación daimaxe en sinais eléctricos; para este labor, o escáner dispón de sensores CCD (Charge Coupled Device) que reciben a luz reflexada pola imaxe nun xogo de espellos. Estes sensores son capaces de diferenciar a intensidade e a cor da imaxe.
- Conversión dos sinais eléctricos creados polos sensores CCD en información dixital; esta tarefa é realizada por un convertedor analóxico/dixital denominado DAC (Digital Analog Converter).
- Plotter: trátase dun dispositivo que se utiliza nas aplicacións de deseño asistido por ordenador, xa que permite imprimir planos, debuxos técnicos, mapas, deseños industriais... cunha excelente calidad. Tecnicamente, un plotter está constituído por un brazo robótico, en cuxo extremo atópase unha plumiña; a gran diferenza respecto ás impresoras é que realiza debuxos con trazos continuos, conseguindo así figuras (círculos, curvas...) de gran calidade. Outra importante característica do plotter é que, a diferenza da impresora, pode utilizar papel de grandes dimensións.
- Microfilme COM (Computer Output in Microfilm): Esta técnica utilízase habitualmente en bancos e bibliotecas, xa que permite almacenar información nun espazo moi reducido. As páxinas de información son fotografiadas mediante unha cámara especial e transfórmanse en imaxes de 1,5 cm2, que posteriormente son agrupadas en fichas (cada unha destas fichas contén aproximadamente cen imaxes). Para poder ler a información dunha ficha necesítase un lector de microfichas, que proxecta unha imaxe ampliada dela nuha pantalla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario