Dispositivos de entrada e saída
- Lector de código de barras: os códigos de barras son un conxunto de liñas verticales de cor negra que teñen distintos grosores. Soen utilizarse en supermercados, almacéns, tendas, etc., para identificar os produtos. Un lector de código de barras é un dispositivo capaz de ler e identificar dita secuencia de barras, permitindo ao ordenador identificar o produto, e obtendo, así, información acerca del; por exemplo, o seu nome e precio.
- Escáner: é un dispositivo que permite introducir información desde documentos en papel: imaxes, debuxos, fotografías..., e, incluso, caracteres, aínda que para isto último debemos dispoñer do sistema OCR (Optical Character Recognition). A calidade do escáner mídese en ppp ou dpi, unidade que indica o número de puntos que toma cada pulgada (2,54 cm.).
- Lector de banda magnética: a utilización de bandas magnéticas está cada vez máis extendida (tarxetas de crédito, tarxetas de identificación persoal, etc.). Os lectores de banda magnética son dispositivos capaces de ler a información grabada en dita banda.
- Pantalla táctil: ademais de mostrar a información (dispositivo de saída), as pantallas táctiles ofrecen a posibilidade de introducir información con só situar un dedo na súa superficie; por exemplo, elixir unha opción, executar unha orde, obter información, etc.
- Tablet PC: os Tablet PC constitúen a última evolución dos portátiles ou das PDA, con tamaños intermedios entrambos; soen ter unha pantalla de 10´´ que serve para introducir datos, de forma semellante a como se fai nunha PDA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario