jueves, 9 de febrero de 2012

Monitores

  • Monitor CRT: o seu funcionamento baséase na utilización dun tubo de raios catódicos que envía, desde o fondo cara a pantalla, unha corrente de electróns que ao chocar cunha superficie de material fosforescente situada na parte interior da pantalla, ilumínaa, formándose as imaxes. As imaxes están constituídas por un número determinado de puntos, que reciben o nome de píxeles.

  • Pantalla LCD: estes monitores, evolucionados das pantallas de calculadoras e portátiles, utilizan millóns de celdas de cristal líquido que se polarizan e permiten o paso de determinados raios, que compoñen a imaxe no monitor.


  • Pantalla TFT: están constituídas por unha matriz de millóns de puntos; cada punto é un transistor que actúa de forma independente, co seu brillo, cor, tono, etc., e o conxuntos de todos eles forma unha imaxe de alta calidade.

  • Pantalla de plasma: trátase tamén de monitore planos, habitualmente de grandes dimensións, basados na utilización dun gas (plasma) que, en cada un dos puntos (píxeles) da pantalla, adquire a cor, o brillo, etc., necesarios para conformar a imaxe.

  • Pantalla LED: utiliza leds dispoñéndoos en forma de matriz utilizando diodos de distintas cores RGB para formar o píxel, e teñen un consumo de enerxía moi inferior a outro tipos de pantalla, porque utiliza o número de LED´s necesario en cada momento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario