lunes, 13 de febrero de 2012

Monitores (2)

  • A frecuencia dun monitor é aquel parámetro que indica o número de veces que se mostra as imaxes nun segundo; se é un valor de frecuencia baixo, isto suporá que a imaxe vibre e que a vista teña que esforzarse máis do habitual (cansanzo visual).
  • Os dous parámetros para a compatibilidade da tarxeta gráfica e o monitor son o número de píxeles (puntos) e o número de cores, porque se non se correspondesen, as imaxes non se verían ou veríanse deformes.
  • A resolución dun monitor é o número de puntos (píxeles), que se obtén do produto do número de liñas (filas) polo número de píxeles de cada unha delas (columnas).
  • O número de cores é igual a dous elevado ao número de bits por píxel, é dicir, que para representar 2 cores necesitaríamos 1 píxel; para 4 cores, 2 píxeles, etc.
  • A visualización de imaxes depende só do microprocesador gráfico propio da tarxeta de vídeo, e non da cantidade de memoria RAM gráfica; ésta afecta á resolución e ao número de cores que se poden activar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario