- Rede en anel: trátase dunha rede pechada, na que todos os ordenadores están conectados a ela. A información circula nun sentido, polo anel, e cada ordenador analiza se é el o destinatario; se non fose así, deixará pasar a información ao seguinte, e así sucesivamente. Trátase dunha rede bastante estable e cunha taxa alta de transferencia de información.
- Rede en estrela: os ordenadores non están unidos directamente entre si, senón que o fan a través dun dispositivo específico. Trátase dunha rede moi estable (un problema de comunicación non bloquea toda a rede), segura e cunha velocidade de transferencia alta. Nestas redesutilízanse cables de tipo UTP.
Os dispositivos que se poden empregar para interconectar todos os ordenadores dunha rede en estrela son os seguintes:
- Hub ou concentrador: a este dispositivo chegan todos os cables da rede, un por cada ordenador e por cada dispositivo (impresora, router...), e actúa como ponte entre todos eles; cando un ordenador envía información, o concentrador reenvíana a todos, paras que o destinatario a tome e o resto a rexeite.
- Switch ou conmutador: ao igual que un hub, actúa de ponte entre todos os dispositivos da rede, pero, ademais, é capaz de identificar cada ordenador ou dispositivo conectado, polo que non envía a información a todos eles, senón só ao destinatario, evitando deste xeito sobrecargar a rede e as colisións de datos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario