jueves, 16 de febrero de 2012

Redes

Unha rede interna, rede local ou LAN (Local Area Network) é un conxunto de ordenadores conectados entre sí, coa finalidade de compartir recursos e información. Todos os ordenadores e dispositivos (impresoras, hub, router...) dunha rede están conectados fisicamente mediante un cableado que os percorre un a un; a conexión deste cable a cada ordenador depende do tipo de cable empregado, pero sempre realízase mediante a tarxeta de rede. Ademais desta tarxeta, é necesario que todos os ordenadores dispoñan do software adecuado, denominado software de rede, que permita compartir os dispositivos conectados á rede. O protocolo máis utilizado nas redes locais era Ethernet, aínda que cada vez é máis frecuente utilizar o protocolo TCP/IP, adquirindo deste modo características análogas ás de internet. Ás redes que utilizan este protocolo se lles denomina intranet.
Nunha intranet, cada ordenador identifícase cunha dirección IP que ten que estar, obrigatoriamente, dentro duns rangos específicos, xa que deste modo garantízase que non poida estar accesible desde internet.

Tipos de cable de rede:

  • Cableado coaxial: trátase dun cable formado por un fío condutor central, protexido das correntes eléctrica externas por unha malla de cobre. Este cable resulta económico e pode alcanzar velocidades de transmisión media; a conexión á tarxeta de rede realízase mediante conectores BNC. Actualmente está en desuso.
  • Cableado UTP: este cable está constituído por catro pares de fíos dentro dunha camisa; cada par de fíos está trenzado para evitar a interferencia eléctrica dos outros pares. Este tipo de cable, que resulta económico e permite alcanzar unha boa velocidades de comunicación, necesita conectores RJ-45.
  • Cableado de fibra óptica: a fibra óptica transporta pulsos de luz a través de pequenas fibras de vidro, polo que non lle afectan as correntes eléctricas externas. Estes cables constan de dous fíos de fibra de vidro (cada un transmite nuha soa dirección) protexidos por fibras de Kevlar e capas de plástico. Aínda que o seu custo económico é alto, permite alcanzar velocidades de transmisión moi elevadas e a súa lonxitude pode ser moi extensa; necesitan conectores ST de fibra óptica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario